V Edición Beca Siota de Investigación en Psicoloxía

O 21 de decembro de 2006 o Comité Seleccionador da Beca Siota, acordou adxudicar a  Beca Siota de Investigación en Psicoloxía ao proxecto presentado por Ricardo Fandiño Pascual, colexiado G-1955, conxuntamente con Raquel Gude Saíñas, colexiada G-3232. O proxecto leva por título Avaliación do perfil psicopatolóxico en adolescentes galegos usuarios de Centro Terapéutico de Menores de Reforma, ingresados ao amparo da L.O.R.P.M. 5/2000: Relación entre psicopatoloxía adolescente, delincuencia e contexto socio-familiar".