VIII Edición Beca Siota de Investigación en Psicoloxía

O Comité Seleccionador da VIII Edición da Beca Siota de Investigación en Psicoloxía, reunido en Santiago de Compostela o 5 de marzo de 2013, acordou a concesión da Beca ao proxecto “Programa de adestramento en cognición e competencia social en doentes con dano cerebral traumático”, presentado por Yolanda Maroño Souto, colexiada G-04004.