XI Edición Beca Siota de Investigación en Psicoloxía

O Comité Seleccionador da XI Edición da Beca Siota de Investigación en Psicoloxía, reunido en Santiago con data 14 de maio de 2019, acordou a concesión da Beca Siota ao proxecto presentado por Cristina González Freire, G-5545, co título “Despatoloxizando e desmedicalizando os malestares das mulleres. Terapia de grupo con mulleres con desordes emocionais en Atención Primaria”.