IX Edición Beca Siota de Investigación en Psicoloxía

O Comité Seleccionador da IX Edición da Beca Siota de Investigación en Psicoloxía, reunido en Santiago de Compostela o 14 de abril de 2015, acordou a concesión da Beca ao proxecto “O uso problemático de internet en perspectiva lonxitudinal: Predictores e consecuencias do sexting e o ciberacoso nos adolescentes galegos”, presentado por Cristina Alonso Vilar, colexiada G-4779.