X Edición Beca Siota de Investigación en Psicoloxía

O Comité Seleccionador, na súa reunión do 18 de abril de 2017, acordou conceder a Beca Siota de Investigación en Psicoloxía na súa décima edición ao proxecto “Axuste psicolóxico posterior á interrupción voluntaria do embarazo” presentado polas autoras Inmaculada Sangiao Novio (colexiada G-5048), María José Santiago Mariño e Mercedes Carreño Fernández (colexiada G-0600).