División de Psicoloxía Xurídica

A División de Psicoloxía Xurídica (PsiJur) foi creada polo Consejo General de la Psicología para unificar, a nivel estatal, aos profesionais do eido da intervención en psicoloxía xurídica. Dentro dos obxectivos fundamentais que persegue están o de coordinar, integrar e desenvolver as actividades cientifico-profesionais dos colexiados e colexiadas especializadas en dita área, optimizar os recursos dispoñibles e mellorar os coñecementos e competencias profesionais para o colexiado/a, ofrecer e garantir á sociedade un servizo de calidade potenciando, ademais, a acreditación e formación continuada das competencias profesionais na materia e desenvolver unha función de asesoramento ante os diferentes órganos de goberno do Consejo General de la Psicología en todas as cuestións relativas ao noso ámbito disciplinar.

Para ser membro ordinario os requisitos son:

  • Estar colexiado/a.
  • Satisfacer a cota de inscrición se a houbese. Nesta primeira fase non haberá que abonar a cota de inscrición.
  • Non estar incurso en sanción que leve aparellada a súa inhabilitación nalgún Colexio.
  • Presentar a solicitude de incorporación pertinente.

MÁIS INFORMACIÓN

DÍPTICO INFORMATIVO