Achegas da Psicoloxía 2014

O 29 de marzo celebramos un ano máis o encontro “Achegas da Psicoloxía”, dirixido a todos os colexiados e colexiadas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Neste acto fíxose entrega do Premio “Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade 2014”, galardón creado para distinguir á persoa, institución ou asociación que teña contribuído ao desenvolvemento da nosa profesión. A Xunta de Goberno do COPG acordou outorgar o premio nesta 6ª Edición á veciñanza de Angrois, que co seu comportamento xeneroso, exemplar e altruísta axudou a salvar vidas no tráxico accidente do tren Alvia acontecido en Santiago de Compostela a noite do 24 de xullo de 2013. O seu nobre xesto devolveunos a confianza na humanidade das persoas, reconfortándonos no medio dunha desgraza tan terrible que marcou a nosa sociedade de xeito irremediable.

Este ano entregouse a distinción de Colexiado de Honra do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co que se pretende enxalzar a dedicación e significar as achegas ao desenvolvemento da nosa profesión. O galardón foi entregado ao colexiado Manuel Pazos Riveiro.

Como é tradición, tamén se efectuou un recoñecemento aos compañeiros e compañeiras que levan 25 anos de vida colexial de forma ininterrompida, e déuselle a benvida a todos os colexiados e colexiadas que se incorporaron, por primeira vez, ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ao longo do ano 2013.

O encontro desenvolveuse no Hotel A Quinta da Auga (Santiago de Compostela), cun xantar que deu comezo ás 14.00 horas. 

Achegas da Psicoloxía 2014
Hotel A Quinta da Auga
Hotel A Quinta da Auga
Asistentes ao acto
Asistentes ao acto
Momento do aperitivo
Momento do aperitivo
Momento do aperitivo
Momento do aperitivo
Asistentes ao acto
Asistentes ao acto
Asitentes ao acto
Asistentes ao acto
Momento do aperitivo
Asistentes ao acto
Asitentes ao acto
Asistentes ao acto
Asistentes ao acto
Asistentes ao acto
Asistentes ao acto
Asistentes ao acto
Asistentes ao acto
Momento do aperitivo
Asistentes ao acto
Momento do xantar
Momento do xantar
Momento do xantar
Momento do xantar
Momento do xantar
Momento do xantar
Momento do xantar
Momento do xantar
Momento do xantar
Momento do xantar
Momento do xantar
Momento do xantar
Actuación musical de Jamila Puro Filin
Intervención da Decana, Mª Rosa Álvarez Prada
Entrega do Galardón Dolores Llópiz 2014 aos representantes da veciñanza de Angrois
Intervención de Anxo Puga, Presidente da Asociación de Veciños de Angrois
Membros da Asociación de Veciños de Angrois con membros da Xunta de Goberno do COPG
Entrega do recoñecemento á nova colexiada do 2013
Entrega dos galardóns aos/ás colexiados/as que cumprían 25 anos de vida colexial de forma ininterrumpida
Entrega dos galardóns aos/ás colexiados/as que cumprían 25 anos de vida colexial de forma ininterrumpida
Entrega do Galardón de Colexiado de Honra a Manuel Pazos Riveiro
Intervención de Manuel Pazos Riveiro
A Decana, Mª Rosa Álvarez Prada e o Colexiado de Honra, Manuel Pazos Riveiro
Intervención de Mª Rosa Álvarez Prada
Manuel Pazos Riveiro, Colexiado de Honra, e a súa esposa
Membros da Asociación de veciños de Angrois, xunto a Decana do COPG e o grupo musical Jamila Puro Filin
Asistentes ao acto
Asistentes ao acto
Asistentes ao acto
Asistentes ao acto
Asistentes ao acto
Asistentes ao acto