O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizou a Xornada "Intervención psicolóxica no accidente aéreo de Germanwings", que se celebrou o pasado sábado 12 de novembro e tivo lugar na aula 10 da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
Galería
O pasado sábado 21 de maio de 2016, levouse a cabo a Xornada "Repensando sobre a comunicación de malas novas" no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en horario de 10.00 a 14.00 horas.
O sábado 13 de febreiro de 2016 celebrouse no salón de actos do COPG, o seminario "Repensando as intervencións de 2015", organizado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).
O pasado 2 de novembro de 2015, o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG, celebrou o Seminario III: Repensando e abrindo o foco en naufraxios e desaparicións no mar.
O 6 de xuño o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou o Seminario II "Repensando e abrindo o foco en mortes por suicidio".
Os obxectivos do curso foron dar a coñecer as características das intervencións en mortes por suicidio e reflexionar sobre actuacións futuras.
Os días 24 e 25 de abril e 8 e 9 de maio, o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Curso de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias en Santiago de Compostela.
Os psicólogos e psicólogas do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia foron recoñecidos coa Medalla de Ouro de Galicia que concede a Xunta de Galicia, pola súa intervención no accidente do tren Alvia o 24 de xullo de 2013.
O 23 e 24 de maio o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do COPG organizou o curso “Intervención con intervenientes” na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
O 15 de febreiro o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou na sede do Colexio a Xornada práctica “Repensando as intervencións”, dirixida só aos membros do GIPCE.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6