División de Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos

A División de Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos (PTORH) foi creada polo Consejo General de la Psicología para unificar, a nivel nacional, o ámbito profesional de intervención en Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos. O obxectivo que persegue é coordinar, integrar e desenvolver as actividades científico-profesionais dos colexiados e colexiadas especializadas en dita área.

En síntese, o que busca é unha optimización dos recursos dispoñibles e unha mellora constante dos coñecementos e competencias profesionais, para o colexiado/a profesional de área, co fin de ofrecer e garantir un servizo de calidade para a sociedade, potenciando, ademáis, a acreditación das competencias profesionais da materia.

A División tamén desempeñará a función de asesoramento ante os diferentes órganos de goberno do Consejo General de la Psicología, en todas aquelas cuestións relativas ao noso ámbito disciplinar.

Poderá ser membro da División toda persoa colexiada que estea interesada e cumpra os requisitos de pertenencia establecidos.

Para ser membro Ordinario os requisitos son:

- Estar colexiado/a.
- Satisfacer a cota de inscrición, se a houbese (Nesta 1ª fase non haberá que abonar cota de inscrición).
- Non estar incurso en sanción que leve aparellada a súa inhabilitación no Colexio.
- Presentar a solicitude de incorporación pertinente (que figura en www.ptorh.cop.es/index.php?page=PTORH-formulario).

MÁIS INFORMACIÓN

DÍPTICO DA DIVISIÓN PTORH