Webinar "Humanidade compartida: Habitando xuntos o momento presente"

luns, Setembro 26, 2022 - 19:30 a 21:00

A Comisión de Autocoidado do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o vindeiro 26 de setembor o Webinar "Humanidade compartida: Habitando xuntos o momento presente”  a través de Zoom e gratuíto, previa inscrición.

A humanidade compartida, entre outras cousas, implica o recoñecemento de que todas e todos pisamos a mesma terra, e como seres sentintes, anceiamos sentirnos ben e temos unha aversión ao sufrimento.

Será impartido por Claudio Araya Véliz, psicólogo e doutor en investigación en psicoterapia pola Pontificia Universidade Católica de Chile. É docente e investigador na Escola de Psicoloxía da Universidade Adolfo Ibáñez e cofundador da Fundación Humanidade Compartida.

Podes inscribirte de xeito gratuíto en no seguinte enlace