Xornada “A ansiedade no eido educativo”

sábado, Maio 10, 2025 - 10:30

A Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a Xornada “A ansiedade no eido educativo”, que se celebrará o día 10 de maio de 2025 no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

A Xornada ten como obxectivos coñecer como se manifesta a ansiedade nos contextos educativos e pautas para abordala e conseguir desenvolver intervencións exitosas sobre ela.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 29 de abril, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Boletín

Programa