Curso "O profesional da psicoloxía: intervención de 4 horas nos cursos de sensibilización e reeducación vial"

xoves, Maio 23, 2024 - 15:30

O Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “O profesional da psicoloxía: intervención de 4 horas nos cursos de sensibilización e reeducación vial”, que se celebrará o día 1 de xuño de 2024 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e de Zoom.

Os obxectivos son coñecer os procedementos que se levan utilizando en Cataluña dende que se empezaron a impartir estes cursos, afondar na busca dunha forma profesional de proceder para intervir na suposta de ampliación da intervención das/os profesionais da psicoloxía dentro deste formato, comprender as casuísticas, características, necesidades, dificultades e cambio de aptitudes que cada asistente deberá afrontar despois de realizar esta formación e demostrar que é posible facer o cambio de actitudes ó volante ca exposición de casos.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 29 de maio, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG

Boletín

Programa