Curso “Psicoterapia en trauma relacional”

sábado, Abril 13, 2024 - 09:30

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Psicoterapia en trauma relacional”, que se celebrará o día 13 de abril de 2024 en Santiago de Compostela.

O curso ten como obxectivos coñecer e profundar sobre o trauma relacional, as súas manifestacións na poboación infanto xuvenil, coñecer os principais retos que supón a intervención psicoterapéutica nesta situación e profundar nas pautas da intervención psicoterapéutica, dende unha visión sistémica.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 3 de abril, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.