Participación de membros do GIPCE no I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias

O programa científico do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias contou coa colaboración de varios integrantes do GIPCE que participaron impartindo obradoiros, simposios, comunicación orais e pósters, contribuíndo a visibilizar o traballo e a experiencia que temos en Galicia na atención psicolóxica en situación de emerxencia.

O día 2 de maio tres membros do GIPCE impartiron os seus respectivos obradoiros:

–          Ana Isabel Martínez Arranz dirixiu o obradoiro “Ser e estar como unha base segura nas emerxencias”

–          Hafdallah Menni Ouali participou co obradoiro “Unha ollada á intervención en crise con minorías étnicas e poboación refuxiada”

–          Lorena Nieto Iglesias impartiu o obradoiro “O silencio nas intervencións. Grupo de Atención a Intervenientes”

O día 3 a participación foi en simposios sobre diferentes ámbitos relacionados coas emerxencias:

–          No simposio de atención psicolóxica en accidentes de tráfico, Diego Antelo Guerra fixo unha exposición sobre a “Intervención psicolóxica avanzada en accidentes de tráfico. Modelo de traballo no GIPCE”

–          No simposio sobre o papel do profesional da Psicoloxía de Emerxencias nas emerxencias internacionais participaron Aurora Rozadilla Arias, coa exposición “Vis a Vis. Sostendo as súas emocións, sostendo as nosas emocións”, e José María Freire Duro co relatorio “Cooperación Internacional: MHPSS en contextos de Emerxencias, Crises e Catástrofes. Diferentes
escenarios de Intervención”

–          No simposio sobre intervención en Grandes Emerxencias, Olegaria Mosqueda Bueno realizou unha exposición sobre a “A intervención GIPCE no naufraxio do Villa de Pitanxo”

O último día de Congreso, o día 4 de maio, o GIPCE estivo presente en dous simposios:

–          Simposio sobre intervención en emerxencias por Violencia de Xénero, no que Mª Luz Losada Somoza expuxo “Presentación do Protocolo GIPCE en situación de violencia de xénero”, Fátima López Rodríguez e Rubén Villar Trenco falaron do “Funcionamento dun dispositivo de intervención psicolóxica na urxencia por violencia de xénero” e Julita Touriño Araújo compartiu a súa experiencia co relatorio “Atención psicolóxica a menores vítimas de violencia de xénero antes, durante e despois do incidente crítico (consecuencias emocionais)”

–          No simposio de atención en emerxencias a menores e poboación vulnerable, Mª Carmen González Hermo falou da “Intervención en emerxencias con persoas con diversidade intelectual”

Ademais o GIPCE estivo presente nas comunicación libres tanto en formato oral como en formato póster:

–          Comunicación oral: “Retrincos de cores” realizada por Sandra Izaguirre García e Isabel Cabado Fidalgo.

–          Póster “Impacto do suicidio dun/ha menor sobre a comunidade educativa”presentado por Mª Carmen González Hermo e Ana Mª Núñez Rubines

–          Póster “Intervención psicológica del GIPCE en situaciones de crisis en centros educativos en Galicia” presentado por Concepción López Martín, Mª Carmen González Hermo, Julita Touriño Araújo e Ana Mª Núñez Rubines.

–          Póster “Intervención de urgencia a una mujer víctima de violencia de género” presentado por Julita Touriño Araújo e Mª Isabel Rodríguez Prego

–          Póster “Guía de Recomendaciones de Buenas prácticas en Intervención Psicológica en emergencias” presentado polo grupo de traballo estatal que elaborou dita guía, liderado por  Javier Torres Ailhaud e no que participou a coordinadora do GIPCE Ana Mª Núñez Rubines

Finalmente destacar a participación do Coordinador no GIPCE entre o 2004 e o 2007, Miguel Anxo García coa conferencia inaugural “Sobre o valioso e os riscos, máis alá do evidente, na intervención psicolóxica profesional en catástrofes e emerxencias”.