Presentación-faladoiro "Protocolo Magallanes de avaliación de baixo rendemento e/ou fracaso escolar

O venres 15 de maio o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolleu a presentación-faladoiro "Protocolos Magallanes de avaliación de baixo rendemento e/ou fracaso escolar en Educación Primaria e Secundaria". Foi organizada pola Sección de Psicoloxía Educativa do COPG e coa colaboración do Grupo Albor-Cohs.

A presentación correreu por conta de Eladio Manuel García Pérez e Ángela Magaz Lago, psicólogos clínicos e educativos; ambos co-dirixen o Máster en Psicoloxía, título propio do Grupo Albor-Cohs e título oficial da Universidade Fernando Pessoa.

A presentación tivo unha duración prevista de 2 horas, dedicando a primeira hora aos Protocolos Magallanes de Avaliación Psicoeducativa para Educación Infantil e Primaria (de 5 a 12 anos), e a segunda hora nos Protocolos para Educación Secundaria (de 12 a 18 anos).

Os Protocolos Magallanes son a denominación dun método concreto e moi específico de recollida de datos, relevantes, pertinentes e suficientes que se desenvolve mediante instrumentos de natureza psicométrica e/ou condutual, coa finalidade de elaborar unha hipótese explicativa, comprensiva e preditiva de diversos tipos de problemas.

Estes protocolos permiten dispoñer de todo un conxunto de instrumentos que comparten un mesmo modelo conceptual, co que as variables que avalían se atopan relacionadas funcionalmente entre si e a elaboración de conclusión psicodiagnósticas é sinxela e rápida.

Momento do faladoiro
Momento do faladoiro
Momento do faladoiro
Momento do faladoiro
Momento do faladoiro