Nas últimas décadas o terrorismo global converteuse nun de los principais temores da sociedade internacional, a través da ameaza yihadista. Este fenómeno é un dos máis difíciles de conter, debido á súa rápida proliferación ao longo do planeta, sen atender a fronteiras de calquera natureza.
A Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG organizou o curso “Terrorismo e crise: Análise desde unha perspectiva psicolóxica e xurídica” co obxectivo de dotar ao alumnado de coñecementos, ferramentas e aptitudes cos que entender mellor as circunstancias que engloban a temática obxecto de estudo.