O 30 de maio de 2015 celebrouse no Hostal dos Reis Católicos a sétima edición do Achegas da Psicoloxía, no marco do cal fixemos a entrega do Premio Dolores Llópiz, Psicoloxía e Sociedade. Este ano recaeu no divulgador científico, avogado e economista Eduard Punset, que recolleu persoalmente o galardón e con grade amabilidade compartiu esta xornada con nós prodigándose en conversas e dedicatorias de libros aos colexiados e colexiadas asistentes.
Tamén recolleron o seu recoñecemento vairas compañeiras que cumpriron os 25 anos de colexiación ininterrompida e gozamos da talentosa Najla Shami, que se ocupou do acompañamento musical no acto do Achegas.