Os días 2, 3 e 4 de xuño celebrouse no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela o III Congreso Profesional de Psicoloxía de Galicia "Camiños da Psicoloxía". Unha oportunidade dun Congreso histórico para o que se deseñou un intenso programa científico co que se percorreron os diferentes roteiros que ofrece a psicoloxía e afondou nos retos e oportunidades da profesión. Foi o maior encontro de psicoloxía celebrado na nosa Comuniade desde a súa última edición no ano 1991.
O encontro pretendeu contribuír ao sostido crecemento científico e recoñecemento social que experimentou a psicoloxía nas últimas décadas.