Unpublished
17/10/2017
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia dedicou este ano 2017 “Pola infancia”, e coa fin de organizar actividades relacionadas con este ámbito, creou o Grupo Intersectorial sobre a Infancia composto por representantes das diferentes Seccións do Colexio.
O vindeiro sábado 4 de novembro celebrarase no Salón de Actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a Xornada “Polo bo trato á infancia”. Nesta xornada multidisciplinar intervirán como relatores e relatoras profesionais que tratarán, desde distintos contextos e ámbitos da psicoloxía, sobre o maltrato infantil.
O último día de inscrición é o 30 de outubro de 2017.
Programa [ver pdf]