sábado, Xuño 7, 2025 - 09:30
O Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a sesión formativa “Valoración psicolóxica e trastornos mentais en relación á seguridade viaria”, que se celebrará o día 7 de xuño no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
O obxectivo desta sesión formativa é adoptar coñecementos básicos en saúde mental para a interpretación de informes psicolóxicos destinados á valoración da idoneidade de cara á condución de vehículos de uso persoal.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 30 de maio, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG