17/9/2025
Con motivo da celebración do 45º aniversario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o vindeiro 26 de setembro, en horario de 17:00 a 19:00 horas, vaise celebrar o encontro "Do antonte ao pasadomañá" na Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural, s/n, Santiago de Compostela).
Neste acto revisaremos as distintas etapas da nosa historia, poñeremos en valor o camiño percorrido e reflexionaremos sobre os desafíos organizativos e institucionais vividos e por vir. Ao remate, compartiremos un cóctel no propio espazo da Fundación.
De cara á organización e ata completar aforo, prégoche que nos confirmes a túa asistencia ata o luns 22 de setembro por correo electrónico a copgalicia@copgalicia.gal.