sábado, Novembro 15, 2025 - 11:45
O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “A intervención psicolóxica en emerxencias”, que se celebrará o 15 de novembro en Santiago de Compostela.
O curso ten como obxectivos coñecer os fundamentos e principios da intervención psicolóxica en situacións de emerxencia e crise e identificar as reaccións máis frecuentes nas persoas afectadas e comprender o papel e funcionamento do/a psicólogo/a de emerxencias no marco do GIPCE.
Para a inscrición é necesario enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 5 de novembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.