Curso “Mediación no contexto empresarial”

venres, Novembro 28, 2025 - 09:45

A Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL) organiza o curso “Mediación no contexto empresarial”.

Terá lugar o 28 de novembro no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

O obxectivo deste curso é proporcionar coñecementos teóricos e prácticos, así como ferramentas específicas, que lles permitan intervir de forma efectiva como mediadoras/os na xestión de conflitos internos dentro das empresas.

A inscrición é gratuita ata completar aforo (requírese inscrición previa). 

Programa