Fallo do XVII Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”

28/11/2025

O pasado 28 de outubro de 2025 celebrouse a xuntanza do xurado do XVII Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”, composto pola decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Concepción Fernández Fernández, Mª Concepción Rodríguez Pérez, membro da Comisión de Cultura, a poeta Iolanda Aldrei e o xornalista de “La Voz de Galicia”, Xoel Gómez, para deliberar o fallo desta edición.

Nesta ocasión os premiados son:

Categoría de poesía

Gañador:

» “Ida e volta”, Francisco M. Lueiro Gutiérrez (G-6795).

Categoría de narrativa

Gañadora:

»  “O horizonte azul”, Concepción López Martín (G-2981).

Mención especial:

»  “No fondo non é tan malo”, Raquel Feijóo Casas (G-6675).

O acto de entrega de premios terá lugar o martes 16 de decembro de 2025, ás 18:30 horas, na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Rúa Espiñeira, 10‐Baixo, Santiago de Compostela).