Sinatura de convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias

5/12/2016

O 23 de novembro asinouse un convenio de colaboración entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para mellorar a atención nos concellos a vítimas da violencia machista. Nas primeiras accións ao abeiro deste convenio, distribuirase entre todos os concellos galegos a información sobre o Programa de atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero, e complementariamente para as súas fillas e fillos menores e outras persoas do seu entorno familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero (PAPMVX) e do Programa "Abramos o Círculo".

Así mesmo, confeccionouse conxuntamente un cartaz co "Decálogo de Concellos #PoloBoTrato" que se distribuiu en todos os concellos galegos así como nas catro deputacións, cunha serie de recomendacións para fomentar o bo trato no ámbito da igualdade de xénero. 

Cartaz #PoloBoTrato [ver pdf]