O pasado 28 de outubro de 2025 celebrouse a xuntanza do xurado do XVII Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”, composto pola decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Concepción Fernández Fernández, Mª Concepción Rodríguez Pérez, membro da Comisión de Cultura, a poeta Iolanda Aldrei e o xornalista de “La Voz de Galicia”, Xoel Gómez, para deliberar o fallo desta edición.
Nesta ocasión os premiados son:
Categoría de poesía
Gañador:
» “Ida e volta”, Francisco M. Lueiro Gutiérrez (G-6795).
Categoría de narrativa
Gañadora:
» “O horizonte azul”, Concepción López Martín (G-2981).
Mención especial:
» “No fondo non é tan malo”, Raquel Feijóo Casas (G-6675).
O acto de entrega de premios terá lugar o martes 16 de decembro de 2025, ás 18:30 horas, na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Rúa Espiñeira, 10‐Baixo, Santiago de Compostela).

