9/2/2026

Ollo! Se recibes esta mensaxe é un bulo. O prazo está aberto de xeito permanente.
Desde o Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades desminten a información difundida estes días por Whatsapp, non hai un prazo para obter o certificado de correspondencia MECES de títulos universitarios. A sede electrónica está aberta permanentemente e o trámite non é obrigatorio.
Frea o bulo: NON compartas sen verificar.
Consulta toda a información aquí: https://www.ciencia.gob.es/Noticias/2026/febrero/desmentido-bulo-correspondencia-titulos.html

