A Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Organizacións que coidan: mediación e psicoloxía aplicada aos conflitos laborais”, que se celebrará o día 31 de xaneiro de 2026 no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
O curso ten como obxectivos explorar como a mediación, desde a mirada psicolóxica, pode contribuír e construír organizacións que coidan a súa xente, ofrecendo marcos comprensivos e ferramentas concretas para intervir en conflitos laborais, tensións de equipos e conversacións difíciles desde unha lóxica de coidado e non de castigo.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 21 de xaneiro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

