Curso “Preparación e facilitación de reunións restaurativas para resolver conflitos”

21/3/2024

A Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Preparación e facilitación de reunións restaurativas para resolver conflitos”, que se celebrará o día 11 de maio de 2024 na sede co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en Santiago de Compostela.

O curso pretende dotar aos participantes dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para comprender, aplicar e promover os principios fundamentais da xustiza restaurativa.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico
copgalicia@copgalicia.gal  ata o 1 de maio, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

 

Boletín

Programa