Desde Unión Profesional e grazas a un convenio coa Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, lanzan un catálogo de formacións online dirixidas ás profesionais colexiadas e colexiados co obxectivo de proporcionar as ferramentas precisas para contribuír á erradicación das violencias contra as mulleres.
A inscrición xa está aberta e os cursos comezarán a partir do 1 de maio, a través da plataforma de formación de Unión Profesional.
A plataforma conta con dous cursos xerais para profesionais de todos os ámbitos e tres cursos específicos enfocados na sensibilización, prevención e erradicación dos distintos tipos de violencias machistas.
1 – Sensibilización para a prevención e a erradicación da violencia contra as mulleres.
2 – Prevención e actuación ante o acoso, a discriminación e a violencia contra as mulleres na contorna laboral e profesional.
3 – Prevención da violencia contra as mulleres en contornas sanitarias.
4 – Prevención da violencia contra as mulleres en contornas xurídicas.
5 – Prevención da violencia contra as mulleres en contornas sociais.
No seguinte Dossier Informativo suxírense tres posibles itinerarios.
A formación é gratuíta e online.