Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde

20/11/2023

Informámosche de que se cancela a vindeira sesión do Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde, prevista para o 12 de decembro de 2023.

A vindeira sesión do Grupo de Traballo de Intervisión celebrarase online o día 16 de xaneiro de 2024 de 9:30 a 11:30 horas.

Para a inscrición é preciso enviar o formulario de inscrición cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o xoves 11 de xaneiro. Se desexas plantexar dúbidas sobre un caso concreto é preciso enviar tamén o formulario de compromiso cuberto.

Adiantámosche neste e-mail as datas das seguintes sesións de 2024 que se celebrarán todas en horario de 9:30 a 11:30 horas:
20 de febreiro, 12 de marzo, 9 de abril, 21 de maio, 11 de xuño e 9 de xullo.

Se desexas inscribirte en todas as sesións de 2024 debes indicárnolo no formulario de inscrición.

As persoas colexiadas noutros COPs é necesario que remitan un certificado de colexiación con data actual.