Monográfico 45 Aniversario do COPG

22/12/2025

Con motivo da celebración do 45 aniversario do COPG, convidámosvos, as persoas colexiadas, a formar parte dunha publicación conxunta que recolla a memoria, o presente e os soños de futuro do noso Colexio.

O lema “Do antonte ao pasadomañá” lévanos a pensar que cada colexiada e cada colexiado, como parte viva da historia e do porvir do COPG, tedes moito que achegar: inquedanzas, recordos, reflexións, loitas, palabras… e tamén silencios. A escoita, a observación, a lectura e o compromiso forman parte do que somos como profesionais e como comunidade.

Por iso, queremos recompilar achegas persoais e profesionais, realizadas de maneira libre e voluntaria, que nos permitan construír unha publicación colectiva chea de memorias compartidas e horizontes por imaxinar.

 

Como participar:

Cada persoa colexiada poderá enviar:

  • Un texto en galego de autoría propia, cun máximo de 1.500 caracteres con espazo
  • Unha imaxe de autoría propia, en formato JPG, PNG ou PDF

O texto deberá incluír as palabras “antonte” e “pasadomañá”, ou ben os hashtags #antonteepasadomañá, #antonte e #pasadomañá.

Ademais, será necesario indicar:

  • O número de colexiación 
  • Nome e apelidos

 

Prazo de envío: ata o día 31/01/2026

Enderezo de envío: copgalicia@copgalicia.gal

 

A participación no “Do Antonte ao Pasadomañá” implica a aceptación das condicións de participación así como a autorización para a publicación das súas achegas, incluido o texto e a súa imaxe remitida

Agardamos contar coa vosa voz para seguir construíndo, entre todas e todos, o COPG do antonte ao pasadomañá