O COPG amplía a súa presenza dixital co lanzamento da canle de WhatsApp

29/12/2023

No esforzo constante para fortalecer a comunicación e a interacción coas colexiadas e colexiados, así como co público xeral, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia deu un novo paso ao incorporar unha canle de WhatsApp á súa crecente presenza dixital, á que podes unirte neste enlace (https://whatsapp.com/channel/0029VaCnLra5Ui2cyWU5qP2l)

Esta canle súmase aos perfís xa establecidos noutras plataformas como Facebook, Instagram, LinkedIn e X, onde o COPG xa experimentou un crecemento substancial, alcanzando máis de 14,000 seguidores en conxunto e agrupando a comunidade en torno á psicoloxía en Galicia. Coa incorporación de WhatsApp búscase facilitar unha comunicación máis directa, instantánea e persoal cos membros da comunidade profesional e con aquelas persoas interesadas en temas relacionados coa nosa profesión.

A través das redes sociais, o COPG ofrece:

-          Noticias e actualizacións instantáneas: reciben de primeira man as últimas noticias, eventos e actualizacións relacionadas co COPG e coa profesión.

-          Recordatorios de eventos e formacións, asegurando unha maior participación nas actividades organizadas polo Colexio.

-          Enlaces a recursos útiles.

Con esta nova canle, xunto co redeseño da Circular Informativa como publicación dixital, dáse un paso natural na estratexia de comunicación, tentando aproximarnos aos nosos colexiados e colexiadas, e a un público xeral que cada vez ten maior interese pola psicoloxía, a saúde mental e coidado do benestar psicolóxico. Deste xeito, o COPG ofrece un espazo interactivo e directo no que a comunidade poida conectarse e compartir experiencias.