Requirimento SERGAS - vacinación COVID-19 na Psicoloxía sanitaria en centros privados

Unpublished

21/2/2021
AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA COMUNICACIÓN DE DATOS AO SERGAS
 
Dentro da estratexia de vacinación da COVID-19, por requirimento do SERGAS, debemos proporcionarlle os datos de todas as persoas colexiadas que exercen a psicoloxía sanitaria ou clínica, en centros sanitarios privados (só privados, non privados concertados).

O COPG conseguiu unha ampliación para a comunicación de novos datos de colexiados e colexiadas, ata o xoves 25 de febreiro.

Se non comunicaras os datos antes do 15 de xaneiro ou non recibiches a cita por parte do SERGAS ata este mércores 24 de febreiro, por favor, cubre o seguinte formulario a fin de que poidamos facilitarlle os teus datos ao SERGAS. 

Este formulario estará dispoñible ata o xoves 25 de febreiro incluído. Os formularios recibidos fóra de prazo non poderán ser tramitados.

Acceso ao formulario