Últimos días para a inscrición no I Congreso de Psicoloxía das Emerxencias

12/4/2024

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia informamos que este 20 de abril remata o prazo de inscrición para o I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias "Sostendo emocións nas emerxencias", que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio de 2024 tanto en modalidade streaming como presencial en Santiago de Compostela.

O programa e o formulario de incrición está dispoñible na páxina web do Congreso.

Este Congreso é de interese para profesionais que actúan no ámbito das emerxencias. Abordaremos a intervención psicolóxica nas emerxencias desde múltiples prismas. Contaremos cun amplo panel de voces expertas para tratar cuestións concretas, como a pandemia, o autocoidado, os accidentes de tráfico, as grandes emerxencias, a violencia machista, os conflitos internacionais, o suicidio, o terrorismo; o impacto en distintos perfís como menores, poboación vulnerable, persoas con discapacidade ou os propios equipos intervinientes.

O Congreso está aberto aos diferentes profesionais que actúan en emerxencias e con intereses neste ámbito. Está recoñecido pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e en trámite a acreditación para a Formación Continuada de Profesións Sanitarias.

A gravación das conferencias e simposios estará dispoñeble durante os seguintes seis meses para o seu visionado para todas as persoas inscritas no Congreso, no caso de que non se poida seguir en directo ou que se desexe visionalas de novo.