53ª Edición FOCAD

luns, Outubro 16, 2023 - 09:30 a domingo, Marzo 31, 2024 - 20:00

O Consejo General de la Psicología de España ten en marcha un Programa de Formación Continuada a Distancia (FOCAD) coa finalidade de promover a actualización científico-profesional dos psicólogos e psicólogas colexiadas en diferentes campos da intervención psicolóxica (Psicoloxía Clínica e da Saúde, Psicoloxía Educativa, Psicoloxía do Traballo, as Organizacións e os Recursos Humanos, Psicoloxía da Intervención Social, Psicoloxía da Actividade Física o Deporte, Psicoloxía Xurídica, Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade, etc.).

Dito programa consiste no estudo e avaliación de diversos coñecementos, de diversos materiais educativos elaborados por prestixiosos/as psicólogos/as académicos/as e profesionais. Os/As psicologos/as que superen dita avaliación obterán o correspondente certificado de 20 horas (2 créditos).

Co obxectivo de que os/as novos/as colexiados/as poidan acceder ás anteriores edicións do FOCAD, ofrecese progresivamente os cursos das 52 edicións realizadas ao longo destos 16 anos, revisadas e actualizadas. Se xa fixeches a primeira edición destes cursos, e o desexas, podes realizar tamén a 2ª edición actualizada.

A continuación presentase a 53ª Edición (xaneiro-marzo 2024) cos materiais que se poden descargar e imprimir para o seu estudo, a través da páxina web oficial do FOCAD, mediante clave personalizada (número de colexiado/a e NIF persoal).

Desde o 16 de xaneiro ata o 31 de marzo de 2024 poderás contestar os cuestionarios de avaliación e, unha vez superado, recibir a correspondente certificación.

Os cursos nesta nova edición son: 
- A conduta suicida. Intervención no ámbito educativo. 
- Psicoloxía do traballo e o impacto na transformación dixital das organizacións. 

Segundas edicións FOCAD:
Co obxectivo de que os/as novos/as colexiados/as poidan acceder as anteriores edicións do FOCAD, ofrécense varios cursos de edicións realizadas ao longo de anos anteriores, revisadas e actualizadas.

Dende o 16 de xaneiro ata o 31 de marzo de 2024 poderase contestar aos cuestonarios de avaliación e, unha vez superado, recibir a correspondente certificación.

Os cursos son:
-Influencia das emocións na aprendizaxe e crecemento persoal. 2ª edición actualizada

-Psicoloxía do deporte: rendimento, lesións deportivas e "galaxia de factores influíntes". 2ª edición actualizada

-Fundamentos de parentalidad positiva. 2ª Edición actualizada

-A mediación interxeracional en conflitos familiares e estratexias e técnicas de intervención. 2ª Edición actualizada

Accede ao FOCAD