Outras Actividades Externas
Desde Igualdade da Deputación da Coruña poñen a disposición dos centros educativos públicos e das entidades asociativas sen ánimo de lucro a exposición "Mulleres do medievo galego". Trátase dunha mostra para interiores composta por 21 paneis: un introdutorio e outros vinte divididos en dez láminas ilustradas e os seus correspondentes textos explicativos.
As protagonistas desta exposición son dez mulleres destacadas da nosa historia, seleccionadas para as ilustracións: Dona Urraca, María Castaña, Lupe Pérez de Traba, Inés de Castro, Maior Guntroda Rodríguez, Aldonça I e Sancha II, Ilduara Eriz, Sancha I, Tareixa de León e María Peres, A Balteira. As ilustracións foron creadas por cinco ilustradoras galegas: Iria Fafián, Laura Romero, María Montes, Minia Regos e Nuria Díaz.
Podedes consultar toda a información dispoñible (Bases, Relación de láminas, Anexo, Directrices, Calendario) neste enlace.
Os vindeiros 13 e 14 de setembro terá lugar no recinto ferial Expourense a segunda edición de ExpoFamilia, a Feira da Saúde e o Benestar na Familia. O evento reunirá profesionais de ámbitos como a psicoloxía, a educación, a pediatría ou a nutrición, nun espazo pensado para achegar recursos e experiencias ás familias.
As persoas colexiadas no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia poderán beneficiarse dun desconto exclusivo de 5 € na entrada xeral, empregando o código PROFESIONALES5 no momento da compra a través da plataforma www.vivetix.com.
O desconto estará dispoñible ata o 31 de agosto de 2025.
IX CONGRESO XURÍDICO INTERNACIONAL IN.XURGA 2026 SOBRE OS DEREITOS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE/DEPENDENCIA: “Defender a diversidade sen fronteiras: educación, discurso de odio e discapacidade” e V XORNADAS INTERNACIONAIS IN.XURGA 2026 VIOLENCIA DE XÉNERO E MULLER CON DISCAPACIDADE: “Catenarias cara á igualdade. Políticas públicas en violencia de xénero: Servizos Sociais, delito de trata e discapacidade”
Organizado por: IN.XURGA- Xuristas Inclusivas.
Data: 25, 26 e 27 de febreiro de 2026
Lugar: Auditorio Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa.
Colaboran: Concello de Vilagarcía de Arousa; Universidade de Santiago de Compostela IV ciclo universitario de maiores USC; grupo de investigación, diagnóstico educativo e avaliación –idea- USC; grupo de investigación terceira xeración –texe- USC; oficina igualdade de xénero USC; Universidad Cooperativa de Colombia UCC; Afauco.
Achégase cartel e información do evento:
Contacto: in.xurga@gmail.com
Entrada presencial; libre e gratuíta.
En Streaming, con inscrición previa e sen certificado de asistencia.
Inscrición: Remitir correo electrónico a in.xurga@gmail.com indicando nome e apelidos, DNI, localidade de residencia, profesión, se ten discapacidade/dependencia, se pertence a algunha asociación, se desexa certificado de asistencia.
Inscrición con Certificado de asistencia por 30 horas: Abono de 30 euros. Exentos: UCC, persoas asociadas IN.XURGA, relatores/as e acompañantes, invitados/as, persoas de honra e acompañantes, persoal de organización do Concello de Vilagarcía de Arousa.
A Xunta de Goberno do Colegio Oficial de la Psicología de Ceuta, realiza unha charla Conmemorativa polo Día da Psicoloxía.
A charla terá lugar o próximo día 23 de febreiro ás 19,30 horas na Biblioteca Pública do Estado Adolfo Suárez.
Impartida polo Ilmo. Sr. D. Antoni Vera Alemany. Conselliero de Educación e Universidades do Gobierno das Illas Baleares.
A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en colaboración ca Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero (DGVG) convocaron a X edición do Concurso de Boas Prácticas Locais contra a Violencia sobre as Mulleres correspondente ao ano 2025-2026, co obxetivo de fomentar o intercambio de experiencias e recoñecer as actuacións máis eficaces e innovadoras.
O prazo de admisión de propostas de boss prácticas finaliza o 17 de marzo de 2026 ás 15:00 horas.
Toda a información atópase na seguinte ligazón:
O COLEGIO OFICIAL DE PSICOLOGÍA DE ANDALUCÍA OCCIDENTAL e a súa FUNDACIÓN PARA A FORMACIÓN E A PRÁCTICA DA PSICOLOXÍA (FUNCOP) organizan o "IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA SOLIDARIA: PSICOLOXÍA E COOPERACIÓN" co obxetivo de dar a coñecer a situación e condicións de vida da poboación de países en vías de desenvolvemento e facelas visibles a través da fotografía para sensibilizar, xerar conciencia crítica e promover a cooperación ao desenvolvemento na nosa sociedade.
Poderán participar cantas persoas aficionadas á fotografía con carácter social o desexen e que sexan maiores de 18 anos.
O tema principal do concurso á a Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e deberá quedar plasmado nas fotografías presentadas polos/as participantes a partir da súa propia perspectiva persoal e artística, sempre que representen de maneira clara e respetuosa os artículos da Declaración Universal de Dereitos Humanos e os Principios Xerais da Convención sobre os Dereitos do Neno.
As bases do concurso podense consultar aquí.
O prazo para presentar as fotografías estará aberto desde o 9 de febreiro ata o 6 de abril de 2026 (ambos inclusive), quedando descartadas as que se presenten con anterioridade e posterioridade.
As persoas interesadas en concursar deberán presentar a súa candidatura a través do formulario online: l.copao.es/icfs
Tres fotografías serán galardonadas con mención e axudas económicas.

