Formación Dano Cerebral en Galicia

martes, Xaneiro 20, 2026 - 13:00

Estas formacións están dirixidas a profesionais e persoas interesadas en adquirir coñecementos especializados no ámbito do dano cerebral adquirido, cun formato flexible que facilita a conciliación coa actividade laboral e persoal. Os cursos desenvolveranse en modalidade de teleformación, con 30 prazas dispoñibles por curso, sendo a inscrición e a realización totalmente gratuítas; unicamente deberán aboar 20€ aquelas persoas que desexan obter o certificado acreditativo e o manual de contidos en formato físico no seu domicilio.

1. Apio no fogar de persoas con dano cerebral adquirido.

Datas: do 02/02/2026 ao 27/02/2026.

Contidos: O temario aborda, entre outros, os seguintes aspectos: detección do DCA; pautas para avaliar a evolución da persoa con dano cerebral adquirido; comunicación e habilidades comunicativas; alteracións cognitivas e conductuais; ocupacións, accesibilidade e produtos de apoio; alimentación, deglutición e medicación; tratamento de intimidade e da privacidade; hixiene. curas e prevención de úlceras; e acompañamento no tempo libre e actividades de lecer.

Formulario de inscrición dispoñible

2. Alimentación, deglutición e nutrición. Abordaxe no dano cerebral.

Datas: do 02/03/2026 ao 31/03/2026.

Contidos: Curso estruturado en seis unidades que abranguen: definición do dano cerebral adquirido (causas, fases e epidemioloxía); relación entre DCA e alimentación; deglutación e disfaxia; nutrición e adaptación da dieta; medicación e adaptación das formas farmacéuticas; e hixiene bucodental.

Formulario de inscrición dispoñible

3. Sexualidade e dano cerebral adquirido.

Datas: do 06/04/2026 ao 30/04/2026.

Contidos: O temario estrutúrase en cinco bloques:

- Marco histórico e conceptual (saúde sexual, discapacidade e dereitos sexuais).

- O feito sexual humano e disfuncións sexuais.

- Sexualidade en persoas con DCA e impacto familiar.

- Abordaxe de sexualidade: modelos de atención e ámbitos de actuación.

- Práctica profesional: boas prácticas, intervención en institucións e xestións de casos.

Fomulario de inscrición dispoñible

Para máis información, formacion@danocerebralgalicia.org.