venres, Maio 16, 2025 - 10:00
O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Aspectos legais na emerxencia”, que se celebrará o 28 de xuño na Escola Galega de Administración Pública de Galicia (EGAP) en Santiago de Compostela.
O curso ten como obxectivos coñecer as implicacións legais inherentes ás intervencións psicolóxicas en emerxencias e coñecer as obrigas legais e os dereitos que teñen os profesionais de intervención nas emerxencias.
Para a inscrición é necesario enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 18 de xuño, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.