Curso “Claves para a mellora do rendemento deportivo a través da psicoloxía”

sábado, Maio 25, 2024 - 09:00

A Comisión Intersectorial de Psicoloxía do Deporte do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Claves para a mellora do rendemento deportivo a través da psicoloxía”, que se celebrará o día 25 de maio de 2024 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O curso ten como obxectivos aprender as claves psicolóxicas do rendemento deportivo, adquirir ferramentas de traballo para o alto rendemento e coñecer casos prácticos en psicoloxía deportiva.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 15 de maio, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Boletín

Programa