Curso “Cultivo da presenza compasiva”

venres, Outubro 7, 2022 - 10:00 a sábado, Outubro 8, 2022 - 19:30

A Quenda de Garda Psicolóxica Especializada e permanente para mulleres e os seus fillos e fills menores, afectados/as por violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia organiza o Curso "Cultivo da presenza compasiva".

O curso Santiago de Compostela celebrarase os días 7 e 8 de outubro e está dirixido só aos membros da Quenda.

Será impartido por Ana Isabel Martínez Arranz, psicóloga habilitada para o exercicio de actividades sanitarias. Acreditada como psicóloga de emerxencias polo Consejo General de la Psicología. Máster en mindfulness pola Universidad de Zaragoza. Instrutora do Programa Oficial de Adestramento no Cultivo da Compaixón -CCT-, programa da Universidad de Stanford e do Compassion Institute, instrutora do Programa Oficial MSC, Mindful Self-Compassion, Center for Mindful Self-Compassion. Práctica privada no Centro de Psicoloxía Claves, en Vilagarcía de Arousa desde fai 22 anos. Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG de decembro de 2006 ata abril de 2019. Psicóloga en Servizos Sociais no Concello de Camariñas desde o 2002 ata setembro de 2021.

Lembra que a asistencia á formación é un dos dereitos e deberes que se asumen ao entrar a formar parte do dispositivo. 

É requisito imprescindible enviar o boletín de inscrición debidamente cumprimentado por correo electrónico, sede electrónica ou correo ordinario á Administración do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

O último día de inscrición é o 23 de setembro de 2022.

 
Programa [ver pdf]
Boletín de inscrición [ver pdf]