Curso de educación en neurociencia e abordaxe psicolóxico en dor crónica

sábado, Marzo 29, 2025 - 10:00

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso de educación en neurociencia e abordaxe psicolóxico en dor crónica, que se celebrará o 29 de marzo de 2025, presencial en Santiago de Compostela e online, a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O curso ten como obxectivos proporcionar unha compresión actual e integral da dor crónica, desenvolver habilidades prácticas para a intervención e fomentar a educación e empoderamento do paciente.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 19 de marzo, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa

Boletín