Formación

A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en colaboración coa Fundación Marxes e Vínculos organizan o curso “Detección e actuación integral sobre a violencia sexual contra a infancia e a adolescencia”, que se celebrará os días 29 e 30 de setembro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

O curso pretende facilitar un acercamento ao marco xurídico que plantexa a LOPIVI en materia de infancia e adolescencia, transmitir coñecementos sobre desenvolvemento afectivo-sexual en nenos, nenas e adolescentes e as conductas problemáticas e abusivas, ofrecer información sobre a violencia sexual contra a NNA, aprender a detectar a violencia sexual cara a NNA a través dos seus indicadores, promover a prevención da violencia sexual en nenos/as e adolescentes e dar a coñecer pautas de actuación ante a sospeita de violencia sexual.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal(link sends e-mail) ata o 19 de setembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG(link is external).

Programa
Boletín de inscrición

O xoves 5 de outubro de 2023 ás 20:00 horas terá lugar unha nova sesión de "Falamos, ciclo experiencias compartidas do COPG", na que podes inscribirte de xeito gratuíto.

Trátase da presentación dos resultados do proxecto (Des)Conecta. O proxecto trata dun programa intensivo de mindfulness e autocompaixón en liña deseñado para promover a saúde mental no lugar de traballo. 

Será presentado por Carlos Dopico Casal (G-6464), investigador en formación no Grupo Procesos Cognitivos e Conduta da Universidade de Santiago de Compostela.

Podes inscribirte directamente e de balde en: https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_4RSJs1OFRDmN4j-w8w9r-A#/registration

Esta sesión forma parte da iniciativa: "Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG", que organiza a Vogalía de Formación do COPG.

E lembra que este é un ciclo aberto no que podes participar, para compartir mensualmente un webinar sobre unha publicación, un libro, unha investigación, un caso clínico, un programa de intervención psicolóxica.

Programa 

O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o curso A comunicación de malas noticias en emerxencias”,  que se celebrará o día 7 de outubro de 2023 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O curso pretende coñecer as particularidades da comunicación de malas noticias en emerxencias e situacións críticas, adquirir as habilidades básicas para realizar unha boa comunicación de malas noticias e coñecer de primeira man as bases de comunicación de malas noticias en emerxencias atendidas polo GIPCE

Para a inscrición é necesario enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal(link sends e-mail) ata o 3 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa (versión galego) 
Programa (versión castelán)

Boletín de inscrición (versión galego)
Boletín de inscrición (versión castelán)

A Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Transformando relacións e construíndo comunidades: introdución ás prácticas restaurativas e círculos restaurativos”, que se celebrará o día 14 de de outubro de 2023 na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela. 

O curso pretende comprender os principios fundamentais das prácticas restaurativas, aprender a facilitar círculos de diálogo/restaurativos, explorar as aplicacións prácticas restaurativas en diversos ambientes e desenvolver habilidades de escoita activa, empatía e resolución de conflitos. 

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico
copgalicia@copgalicia.gal ata o 4 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa
Boletín

O Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia está organizando para o día 28 de outubro en Santiago de Compostela as V Xornadas Galegas da Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade: “A Psicoloxía nas estradas: antes e despois".

Esta Xornada pretende ser un foro de encontro e reflexión das/dos distintos profesionais e Administracións que interveñen no campo do Tráfico e a Seguridade Viaria.

Para a inscrición é necesario enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 20 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa (versión galego)
Programa (versión castelán)

Boletín de inscrición (versión galego)
Boletín de inscrición (versión castelán)

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Terapia narrativa para traballar con adolescentes que usan a violencia”,  que se celebrará os días 3 e 4 de novembro de 2023 na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

 O curso ten como obxectivos deconstruír as etiquetas dos adolescentes que usan ou usaron a violencia filio-parental, coñecer as múltiples historias na identidade dos adolescentes e potenciar unha historia alternativa que afasta ós adolescentes do uso da violencia.

 Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 23 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa 

Boletín de inscrición 

O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o curso “Manexo de situacións conflitivas, persoas violentas, presión social e chamadas difíciles”,  que se celebrará o día 4 de novembro de 2023 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O curso pretende familiarizarse co concepto de conflito, recoñecer escenarios difíciles con risco de conflito ou violencia, prever a aparición de complicacións violentas durante a intervención, profundar nos facilitadores e barreiras do manexo de conflitos, examinar os diferentes tipos de conflitos, situacións conflitivas e personalidades, incorporar habilidades de comunicación ante persoas frustradas, enfadadas ou violentas, desenvolver habilidades básicas para a intervención con desordes conductuais, recoñecer e manexar as nosas propias reaccións fronte á frustración e o conflito e coidar do intervinte

Para a inscrición é necesario enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 23 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa [versión galego]
Programa [versión castelán]
Boletín de inscrición [versión galego]
Boletín de inscrición [versión castelán]