A Comisión de Ética e Deontoloxía xunto co Grupo de Traballo de Psicólogos e Psicólogas dos CIM´s da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizan o curso “Ética e Deontoloxía na atención psicolóxica aplicada aos Centros de Información á Muller”, que se celebrará o 3 de abril a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
O curso ten como obxectivos expoñer os aspectos ético-deontolóxicos, dilemas e situacións complicadas que se presentan no traballo característico dos CIM´s, tanto na atención a mulleres con problemática, como na atención a menores, con especial mención a aspectos como o consentimento informado, confidencialidade, segredo profesional e informes.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 24 de marzo, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.