Curso “Historias de resistencia: respostas narrativas ao trauma”

xoves, Xuño 23, 2022 - 09:00 a 19:00

O Grupo de Traballo de Psicólogos e Psicólogas dos CIM´S da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Historias de resistencia: respostas narrativas ao trauma”,  que se celebrará o día 23 de xuño de 2022 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG (www.copgalicia.eu) e Zoom. 

O curso ten como obxectivos desenvolver a capacidade para unha dobre escoita e para a busqueda de logros illados, coñecer a cosmovisión que propón a terapia narrativa e que sustenta as diferentes prácticas tanto individuais como colectivas para a súa aplicación con persoas que pasaron por unha experiencia traumática e respectar e valorar as cualidades, os valores e coñecementos das persoas e/ou da comunidade que solicitan o noso asesoramento.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 15 de xuño, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa [ver pdf]
Boletín de inscrición [ver pdf]