A Comisión Intersectorial de Psicoloxía do Deporte do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Técnica de visualización aplicada á mellora do rendemento”, que se celebrará o día 31 de maio de 2025 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
O curso ten como obxectivos aprender os fundamentos da técnica da Práctica Imaxinada (visualización), saber como funciona; coñecer e practicar os mecanismos da xeración e control de imaxes/sensacións imaxinadas e coñecer e revisar de forma práctica un programa de adestramento en Práctica Imaxinada.
Para a inscrición é necesario enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 21 de maio, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.