Curso “Violencia Vicaria: A violencia de xénero máis perversa e cruel contra as nais”

venres, Maio 23, 2025 - 16:00

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Violencia Vicaria: A violencia de xénero máis perversa e cruel contra as nais”,  que se celebrará o 23 e 24 de maio a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O curso ten como obxectivos adquirir coñecementos para a detección e abordaxe acerca da área de coñecemento tratada, fomentando a interacción e a aprendizaxe práctica das persoas participantes.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 12 de maio, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Boletín

Programa