Formación

A Comisión Intersectorial Feminista do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Acompañamento e traballo psicolóxico con menores e as súas familias”, que se celebrará o día 1 de xuño de 2024 en Santiago de Compostela e a través da plataforma teleformación Moodle do COPG e zoom.

 

O curso pretende analizar as necesidades de menores trans no ámbito socioeducativo e sanitario, abordar o acompañamento e traballo con menores trans e as súas familias dende o punto de vista da saúde e socioeducativo, coñecer estratexias de traballo con familias para a aceptación e acompañamento de menores trans e coñecer os servizos e recursos para o acompañamento e intervención con menores trans e as súas familias no ámbito sanitario e educativo.

 

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 22 de maio, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Boletín

Programa

 

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en colaboración coa División de PTORH do Consejo General de la Psicología organizan o Webinar “Liderado e xestión de persoas nas organizacións: Perspectivas globales”, que se celebrará o día 20 de xuño de 2024 a través da plataforma de Zoom.

Tratarase dun encontro que reunirá a expertos de México, Colombia e España para discutir como están enfrontando os desafíos actuais nos seus respectivos países e compartir boas prácticas que poden ser aplicadas en contextos multiculturais.

Inscríbete directamente de maneira gratuíta en:

https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_m817-ZirRKaY4zRfDJ_L1Q

Programa

Cartel

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “A atención da desatención. Unha mirada crítica sobre o TDAH. A intervención dende unha perspectiva integral”, que se celebrará os días 21 e 22 de xuño de 2024 en Santiago de Compostela.

O curso ten como obxectivos caracterizar o TDAH, identificar a problemática actual relacionada co seu diagnóstico e as consecuencias para a súa intervención e tratamento e traballar ferramentas que permitan desenvolver criterios para o seu manexo na vida diaria.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 11 de xuño, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Boletín

Programa

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Fundamentos de Diálogos Abertos en Saúde Mental”.

Trátase dun curso cunha duración de 132 horas que comeza o 25 de outubro de 2024 e remata o 14 de xuño de 2025, que se desenvolverá con sesións presenciais en Santiago de Compostela e con sesións online.

O obxectivo xeral deste curso é profundar en Diálogos Abertos como filosofía e instrumento que facilita o acompañamento ás persoas con sufrimento psíquico, e as súas redes afectivas e sociais, de cara a axudalas no seu proceso de recuperación.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 15 de xullo, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Boletín

Programa