Proxecto Xuventude Mentoring

sábado, Novembro 26, 2022 - 10:00 a 12:00

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o “Proxecto Xuventude Mentoring”,  que se celebrará o día 26 de novembro de 2022 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG (www.copgalicia.eu) e Zoom. 

A presentación do Proxecto ten como obxectivo captar a atención daquelas persoas mozas que estean a rematar ou rematasen xa os seus estudos de grao ou Máster de psicoloxía, de cara a ofrecerlles coñecemento sobre as posibles saídas laborais desta titulación e as formas de acceso ao mercado laboral, cunha alta probabilidade de inserción laboral.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 21 de novembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa 
Boletín de inscrición