Sesión formativa "Avaliación neuropsicolóxica en Centros de Recoñecemento. Novas perspectivas"

sábado, Outubro 18, 2025 - 10:00

O Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a sesión formativa “Avaliación neuropsicolóxica en Centros de Recoñecemento. Novas perspectivas”, que se celebrará o día 18 de outubro no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.


O obxectivo desta sesión formativa é seguir profundando no coñecemento teórico/práctico para mellorar as valoracións neuropsicolóxicas no contexto dos centros de diagnóstico psicotécnico, aplicables a todos os ámbitos da mobilidade e outras actividades de risco.


Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 8 de outubro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG

 
Programa
Boletín inscrición